Día internacional dos dereitos humanos

O 10 de decembro celébrase o día Internacional dos dereitos humanos.
Publicado por o día 09/12/2017 na sección de Galicia,Os Ninguéns,RSP,Social,Vigo

Día internacional dos dereitos humanos

Este ano, Rsp e Ninguéns pensamos dedicarllo (no día seguinte, luns día 11) á petición de mellora de condicións dos presos/as, para que ninguén se esqueza que son os nosos irmáns e irmás, amigos e amigas, parellas, veciños e veciñas.

En xaneiro deste ano, durante o aniversario de Concepción Arenal, voltamos reivindicar a ampliación do Centro de Inserción Social de Vigo de institucións penitenciarias, situado na antiga prisión da Avenida de Madrid, xa que o proxecto atópase paralizado e retomándoo conseguiríase triplicar a eficacia do complexo, ademais de obter 300 prazas para internos en réxime semiabierto, mellorando enormemente as condicións de reinserción dos presos da Lama que puidesen acollerse ao mesmo. Os colectivos xa nos diriximos ao ministro do Interior e a todos os grupos municipais para que impulsasen en pleno unha iniciativa de presión de retome do proxecto. A resposta de Interior foi categóricamente negativa: considera que a prisión non está superpoblada e iso fai á súa entender que o proxecto non sexa necesario.

Para seguir insistindo na importancia do mesmo, e para acordarnos de quen dorme cada noite no cárcere, concentrarémonos o día 11, luns, ante o MARCO ás sete da tarde.

Por outra banda, as compañeiras da Rsp lerán unha reflexión sobre a importancia do respeto aos animais, e a repulsa cara quen os abandoa ou maltrata, xa que tamén se conmemora esta causa o domingo previo.