Día Internacional Sen Bolsas de Plástico dun só uso: é o momento das bolsas reutilizables

Por o 03/07/2015 | Sección: Amigos da Terra,Vigo
Día Internacional Sen Bolsas de Plástico dun só uso: é o momento das bolsas reutilizables
Compartir en:

Hoxe 3 de xullo celébrase a oitava edición do Día Internacional Sen Bolsas de Plástico dun só uso. Amigos da Terra, a Fundació Prevenció de Residus i Consum e a Fundación Surfrider e Residuo Cero únense para denunciar os impactos das bolsas plásticas rexeitables, icono dos produtos de usar e tirar, e instan ao Estado Español a tomar medidas para a súa eliminación.

Amigos da Terra, a Fundació Prevenció de Residus i Consum, a Fundación Surfrider e Residuo Cero reclaman ao Goberno que cumpra cos criterios establecidos pola Directiva Europea e substitúa as bolsas dun só uso, independentemente do material co que se fabriquen, por bolsas reutilizables.

As bolsas dun só uso utilízanse durante uns poucos minutos, pero permanecen durante séculos nos nosos ecosistemas terrestres e mariños. Son produtos derivados do petróleo que conteñen aditivos tóxicos como disruptores endocrinos e sustancias canceríxenas, que poden acabar en ambientes mariños e entrar na cadea alimentaria principalmente a través da fauna mariña.

Na loita contra esta problemática houbo avances recentes. O pasado mes de maio unha nova regulación europea entrou en vigor, obrigando aos Estados membros a aplicar medidas para reducir drásticamente o consumo de bolsas dun só uso. As organizacións firmantes instan ao Goberno Español a implantar canto antes estas esixencias e a respectar o compromiso de prohibición das bolsas dun só uso, como xa o fixeron Italia, Francia e outros países da Unión Europea.

A nivel estatal, a Axencia de Residuos de Cataluña anunciou recientemente un acordo co pequeno comercio, no que se prohibe entregar bolsas dun só uso de forma gratuita a partir do próximo ano.
As organizacións queren recordar que este problema coas bolsas, non só engloba as bolsas plásticas rexeitables, senón calquera recipiente de usar e tirar que siga agravando o despilfarro de recursos naturais. O uso de bolsas biodegradables non fai máis que trasladar o problema á produción e xestión doutro material, como papel ou os oxo-plásticos. Ademais demostrouse que estas materias non cumpren cos estándares de biodegradabilidad europeos e teñen impactos na cadea trófica evitables.

As bolsas dun só uso son un exemplo de como se xestionan os recursos en Europa. En lugar de reducir, reutilizar e reciclar de forma efectiva os materiais que se utilizan no mercado durante o maior tempo posible, cada vez extráense máis recursos naturais cos que se fabrican produtos cunha vida efémera. Son un símbolo da “incultura” de usar e tirar, un modelo insostible e inviable. É urxente un cambio de hábitos de consumo para así lograr unha correcta xestión da totalidade dos recursos, un cambio impulsado polas autoridades públicas, industria e a sociedade civil.

Baixo o lema “Bolsas reutilizables”, as organizacións queren incidir na necesidade de deixar de consumir bolsas dun só uso, promovendo as múltiples alternativas reutilizables que existen como a utilización de bolsas de tea, carriños da compra, mochilas, etc. Estas medidas repercutirían de forma positiva e evitarían o consumo lineal de recursos e a problemática na xestión de residuos, avanzando cara á economía circular.

Amigos da Terra, a Fundació Prevenció de Residus i Consum, a Fundación Surfrider e Residuo Cero apostan por cero bolsas dun só uso todos os días. É o momento para as alternativas reutilizables.

PRENSA AMIGOS DA TERRA