Día mundial da saúde, nas rúas de toda Europa, día contra a mercatilización da sáude.

Os gobernos terán que investir máis na calidade asistencial para todas e todos, e acabar coa consideración de que a saúde é unha mercadoría.
Por o 06/04/2017 | Sección: Eventos,Galicia,Salud,Sanidad,Vigo
Día mundial da saúde, nas rúas de toda Europa, día contra a mercatilización da sáude.
Compartir en:

Sindicatos, colectivos cidadáns, ONGs e movimientos sociáis organizan unha serie de accións en varias ciudades europeas no día de mañá o día Mundial da Saúde día 7. Un grito pola sanidade pública que será oído en A Coruña, Pontevedra, Madrid, Barcelona, Zaragoza, Paris, Niza, Bruselas, Milan, Florencia, Bolonia e moitas outras ao longo de toda europa, mapa de accións. A mensaxe é simple: Os gobernos terán que investir máis na calidade asistencial para todas e todos, e acabar coa consideración de que a saúde é unha mercadoría.

Desde a Coordinadora Anti-Privatización da Sanidade Pública queren enviar un claro e contundente mensaxe ás institucións europeas e ás dos estados membros, no que destacan as negativas consecuencias da austeridade prolongada na calidade e accesibilidade áo sistema sanitario.

Políticas comerciais, fiscais e de mercado único da UE que fomentan o crecemento de seguros e  provedores privados co ánimo de lucro no sector da saúde, con un impacto negativo nas xa crecentes desigualdades en materia de saúde.

Queren que estas políticas se paralicen inmediatamente ante as consecuencias negativas na saúde da poboación.

En toda Europa, millóns de persoas están a experimentar un menor acceso á asistencia sanitaria, listas de agarda máis altas, privatización dos servizos de saúde, copagos, etc. As institucións da UE e os gobernos europeos están a facer que a cidadanía pague a crise. ¡Estas políticas teñen e terán efectos catastróficos na saúde das persoas! » Advirte Sebastián Franco, coordinador da rede europea contra a comercialización da saúde.

En Galicia temos 300.000 galegas e galegos en listas de espera, pero saben que son moitas mais. A privatización dos diversos servizos sanitarios e o peche de camas e plantas dos hospitais públicas son a estratexia seguida polo goberno galego de Núñez Feijoo para o desmantelamento do sistema sanitario galego, tal como o coñecemos, e convertelo nun negocio para as empresas privadas do sector.

O recente caso coñecido de Mar en A Coruña non é un caso aillado, como dixo o goberno, é a punta dun Iceberg das listas de espera agochadas polo goberno de Nuñez Feijoo.

Mais de 50 accións terán lugar arredor de Europa e o mundo amosando as  preocupacions crecentes e a converxencia das organizacións sociais contra a comercialización da saúde. Fan un chamamento e animando a toa a cidadanía a amosar o seu apoio colgando unha saba branca da ventá cun mensaxe de apoio co seguinte hansdack #health4all.

Cartaz da iniciativa