Diante da porta do Concello de Vigo “Polo fin da aporofobia insitutucional”

Publicado por o día 01/08/2019 na sección de Galicia,Os Ninguéns,RSP,Social,Vigo

Diante da porta do Concello de Vigo “Polo fin da aporofobia insitutucional”

Onte os colectivos Distopía, RSP Vigo, Federación de Asociacións de veciños e Os Niguéns deronse concentración diante da porta do Concello de Vigo.

Manifiesto

Bos días compañeiras;

Hoxe estamos aquí, os colectivos Distopía, RSP Vigo, Federación de Asociacións de veciños e Os Ninguéns para lembrar que se cumpren seis anos do peche do programa socioeducativo Sereos do Casco Vello, situado en Elduayen nº 11, onde hoxe día está instalada unha xoiería.

En Sereos realizábanse programas con material de inxección (chegándose a intercambiar máis de 21.000 xiringas nun ano), repartíanse suplementos alimentarios diarios e prestábase un servizo que roldaba os 633 usuarios e usuarias de media, que usaban o local como espazo de encontro. Con esta iniciativa aumentouse a adherencia aos tratamentos integrais de reinserción e produciuse unha mellora significativa na calidade de vida das persoas empobrecidas de Vigo, grazas a un programa que foi pioneiro a nivel nacional pola súa política de traballo entre iguais, que integraba ás propias afectadas.

Este peche en 2013 foi unha gran equivocación municipal e resultou unha decisión de consecuencias irreparables. Se o motivo último foi “limpar” o corazón da cidade de persoas sen recursos e enfermas, estamos a falar dun acto de aporofobia, de rexeitamento e estigmatización das persoas que non teñen as súas necesidades materiais básicas cubertas e polo tanto, carecen de liberdade.

Seguindo con este adxetivo aplicado á administración local, recordamos a situación presente que se están a vivir na nosa cidade sen resposta por este concello, como é o desloxo do Barrio do Cura, exemplificado pola parella de Santa Marta que sigue en risco inmediato de desaloxo sen alternativa habitacional máis que por cinco días.

Escoitamos con preocupación as declaracións da nova concelleira de Benestar do concello insinuando que bastante se fai pola situación de empobrecemento da cidade cunhas políticas “ambiciosas”, recordámoslle que Vigo está á cola do gasto social por habitante e que no competencial, a Lei reguladora de Bases de Réxime Local no seu artigo 25, punto número 1, epígrafe e, di: “O muncipio pode prestar servicios públicos que satisfagan as necesidades da comunidade nos términos:

e) Evaluación e información de situaciones de necesidade social, e a atención inmediata a personas en situación o risco de exclusión social”, conque están amparados por lei para compartir as competencias coa Xunta de Galicia e pelexar, tanto porque a mesma reaccione mellorando as medidas existentes, cómo non, pero tamén complementando e coordinándose con ela para dar solucións a estas situacións, nun concello rico con superávit que ben pode

permitirse ocuparse das súas veciñas e sobre todo debería sentarse co presidente da Xunta (que por suposto, tamén ten responsabilidade) para acometer un plan conxunto que palie as situación tan dramáticas que estamos a vivir.

A concelleira mencionou públicamente detalles privados das datas e contidos de citas desta familia con Benestar, que por responsabilidade e protección de datos non debería difundir sen seu consentemento, e quereriamos saber por qué se a vivenda está “en risco de derrumbe” se lles concedeu unha licencia de reforma, e se fóra certo que a súa vida, nesa casa corre perigo, cómo é posible que o concello non estea ocupándose disto XA, e se limite a comparecer na prensa preguntando se “van a asumir os colectivos a culpa dun hipotético accidente nesa casa”, como se fóra isto responsabilidade cidadá, cando se está pedindo, non que se queden, senón que se REALOXEN inmediatamente, e por enriba se empraza a esta familia vulnerable a que atopen polos seus propios medios unha vivenda, sabendo que é IMPOSIBLE cos ingresos que perciben, é dicir, o que ofrecen, e nada, é o mesmo.

Cando esta concelleira fala de que os colectivos “damos un espectáculo” ao sinalar estes dramas sentimos vergoña, que se tilde desta forma tan despectiva o traballo social que as voluntarias están/estamos a facer cando éste lle corresponde as administracións pagadas por todas. Espectáculo é deixar a unha familia cunha marxe de oito horas para desaloxar unha vivenda sen darles unha alternativa, espectáculo e saír na prensa dicindo que se paran despexos cada semana cando as axudas reais e efectivas que chegan ás cidadás son tan exiguas que todos os colectivos nos miramos DESBORDADOS de xestións para tratar de paliar estas emerxencias, coas que se está a frivolizar constantemente para facer mera política.

Pedimos a esta concelleira que nos reciba, para sentarnos a falar de maneira constructiva e poidamos poñer sobre a mesa as nosas solución e propostas para sumar, e deixar estas declaración cruzadas de lado para traballar xuntas en positivo polo ben das persoas empobrecidas de Vigo, que deberían ser o primeiro, pero seguen a sentirse orfas de atención nesta cidade “tan fermosa” pero tan dura.