Díaz Mouteira asiste á inauguración dun congreso internacional sobre termalismo, dentro do proxecto europeo ‘Raia Termal’

Publicado por o día 17/09/2019 na sección de Galicia,Ourense

Díaz Mouteira asiste á inauguración dun congreso internacional sobre termalismo, dentro do proxecto europeo ‘Raia Termal’

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, asistiu esta mañá á inauguración do Congreso Internacional Termalismo 2021-2027: dinamización dos territorios e reto demográfico que centrará os relatorios e debates no papel dos balnearios no desenvolvemento socio-económico dos territorios nos que están emprazados.

Este congreso, incluído nas accións do proxecto europeo POCTEP Raia Termal, desenvólvese durante dous días no hotel Lobios Caldaria e conta coa participación de importantes especialistas na materia.

Díaz Mouteira salientou o potencial termal que ten a nosa Comunidade autónoma “pola diversidade da oferta, a calidade dos seus servizos e a singularidade das súas augas”, subliñando que malia que as catro provincias galegas posúen recursos termales, Ourense é a que presenta unha maior potencialidade á hora de contribuír ao posicicionamento global de Galicia como destino termal. A delegada territorial defendeu que a Administración autonómica consciente de que a auga mineromedicinal e termal é un recurso endóxeno e desestacionalizador, está a impulsar desde hai tempo accións e programas específicos encamiñados a aproveitar este sector como elemento de desenvolvemento e reequilibrio territorial.