Die Hard Fest 2018 o festival do Metal en Vigo

Publicado por o día 10/05/2018 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

Die Hard Fest 2018 o festival do Metal en Vigo

O próximo 2 de xuño terá lugar en Vigo a primeira edición de Die Hard Fest, unha iniciativa de dous músicos vigueses, compoñentes de Agónica, que nace coa intención de reunir a cinco grandes bandas do Metal e o Metal Extremo. Bandas con moitas cousas que dicir encima dun escenario e que con toda seguridade, congregarán aos fieis seguidores do xénero, cada vez máis orfos de propostas deste tipo. A propia organización, como fans, é consciente desta demanda e seleccionou a bandas que cren que merecen a pena para ofrecer unha proposta á altura das expectativas da escena.

O cartel desta primeira edición está formado por grupos como Lampr3a, a banda liderada polo guitarrista Borja Mintegiaga, recentemente aterrados de USA e que chegan por primeira vez a Galicia para presentar a súa “ Neurocoalescence” ( Autoeditado, 2017), o debut máis que prometedor da banda vasca. Os portugueses Equaleft están ao romper todo no país veciño, arrasando en todos os festivais e compartindo cartel con bandas da talla de Gojira ou Sepultura. Sen dúbida é un luxo poder gozar deles en Vigo. Outro dos atractivos do festival son Cornos de Chibo, unha banda de Toledo que leva 13 anos asinando estupendos discos de deathmetal- hardcore, virando por todo o país e que xa coñecen Galicia tras o seu paso polo Resurrection Fest no ano 2011. E como non, non poden faltar bandas galegas, como os ferroláns Wisdom; proba da calidade e da cantidade de bandas que hai naquelas terras. Por algo son coñecidos como os reis do Grind en Galicia, Tamén desde estas terras, desde Lugo concretamente, chegan Untides, presentando a súa ” From the challenger abyss” ( Autoeditado, 2017) tras a súa xira de presentación por Italia e Francia.

Videos

Lampr3a

Equaleft

Wisdom

Untides