Disconformidade coa dobre sanción que se aplicará ao director do CEIP Chans-Bembrive

Publicado por o día 28/06/2014 na sección de Vigo

Disconformidade coa dobre sanción que se aplicará ao director do CEIP Chans-Bembrive

Levouse a cabo unha concentración na Praza da Estrela o venres día 27/06/2014 de 13:00 a 14:00 horas con máis de 200 persoas da comunidade educativa do CEIP Chans-Bembrive con pitos, panderetas e bucinas.

O motivo desta concentración é expresar a disconformidade coa dobre sanción que se aplicará ao director, suspendido de emprego e soldo a partir do día 01/07/2014 ata o 31/08/2014, e cesado como director a partir do 19/07/2014. As razóns destas sancións, segundo a Consellería son unha dobre contabilidade cando as contas sempre lle chegaron; o cobro de sobresoldos cando foron gratificacións aprobadas polo Consello Escolar do Centro para compensar a perda de complementos salariais ante o enorme incremento de traballo nun comedor de xestión directa sendo un dato que constaba nas contas que se lle presentaban á Xunta dende hai anos; e o cobro de aportacións voluntarias ás familias que sempre souberon que eran voluntarias e moi necesarias ante o presuposto insuficiente que aporta a Consellería a estes comedores e que ten que verse cumplimentado cos cartos das familias para poder ter ben coidados e alimentados aos nenos.

A pesar destes datos a razón pola que son expedientados e sancionados os directores dos centros de xestión directa Tintureira, Carrasqueira, Ría de Vigo, Sárdoma-Moledo, Igrexa-Valadares (xa xubilado) e Chans-Bembrive é “Deixación de funcións”.

PRENSA ANPA CHANS