Disfruta do Hispano Suíza do ano 1929 no IFEVI

Publicado por o día 12/02/2019 na sección de Galicia,Vigo

Disfruta do Hispano Suíza do ano 1929 no IFEVI

Este fin semana que vén temos no IFEVI no Salón Retro Auto Moto Galicia 2019 un vehículo moi especial: Trátase dun vehículo «dos que só quedan agora dez no mundo, orixinal e sen restaurar». Así o conta Javier Xesteira, que o trasladará persoalmente conducíndoo desde Nigrán ata o recinto do IFEVI.

Este vehículo ten a súa historia: «foi o último dos que se fabricou que circulou en servizo activo por Madrid e pertenceu ao Goberno», explica o dono do museo do tempo, que posúe os documentos que o acreditan. Trátase dun vehículo de Hispano Suíza do ano 1929 que aos seus noventa anos de idade «pasou a ITV á primeira e funciona perfectamente».

Pertenceu ao goberno civil e é o único con certificado de Emilio polo… O vehículo é 100% orixinal e nunca foi restaurado. O seu estado é impecable. Segundo consta na documentación, fabricáronse un total de 140 unidades entre os anos 1924 e 1930, que se puxeron no mercado entón a prezos que oscilaron entre as 18.000 e as 20.000 pesetas. O modelo exacto deste vehículo da emblemática fábrica de automóbiles Hispano-Suíza é o T 48, 14 HP. Se vos apetece darvos unha volta….

Comentar noticia

Your email address will not be published.