Dixo: “Un vehículo ardendo e que escoitara unha explosión na Estrada do Portal”

Publicado por o día 04/05/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Dixo: “Un vehículo ardendo e que escoitara unha explosión na Estrada do Portal”

Esta mesma madrugada, ás 03:26 horas na Estrada do Portal.

Como vén sendo habitual, informouse mediante chamada á Sala de Comunicacións do 092 da Policía Local de Vigo.

O alertante informaba que había un vehículo ardendo e que escoitara unha explosión.

Á chegada da patrulla, os axentes comprobaron que, efectivamente había un turismo incendiado e que as chamas estaban a afectar a unha vivenda colintande.

Foi necesaria a intervención dunha dotación de bombeiros para extinguir o incendio. Unha vez sufocadas as chamas, contactouse co propietario; I. S. I, de Vigo e 35 anos de idade, o cal manifestou que deixara o seu vehículo estacionado neste lugar media hora antes e descoñecía o motivo polo cal se lle puido incendiar.

As chamas provocaron danos no inmoble próximo ao lugar do turismo, tales como parte da parede de pedra carbonizada e outra parte co revestimento de pintura levantada, persianas das xanelas afectadas e canelón do tellado da recollida de augas pluviais totalmente calcinado.

A unidade contactou coa propietaria; M. A. V, con D, de Vigo e 74 anos de idade, que foi informada dos pasos para seguir para poder reclamar os danos ocasionado á súa vivenda.

Comentar noticia

Your email address will not be published.