Dobrete para o piragüismo Cambados en Rianxo

O conxunto arousán conseguiu a vitoria na xeral masculina e feminina.
Publicado por o día 24/03/2019 na sección de Deportes,Piragüismo

Dobrete para o piragüismo Cambados en Rianxo

Na tarde de onte celebrábase nas inmediacións da lonxa de Rianxo o VI Trofeo Concello de Rianxo pertencente á liga galega de kaiak de mar, na que participaban máis de 250 participantes.
 
Ao termo de todas as saídas, a clasificación masculina quedou encabezada polo Piragüismo Cambados con 1239 puntos, seguido por Piragüismo Olívico con 989 puntos e Club de Mar Ría de Aldán con 970 puntos. Polo que respecta á xeral feminina Cambados e Olívico repetían posicións mentres que a terceira posición sería para o Club Kaiak Vigo. Ademais, como novidade neste ano 2019 estreouse a modalidade mixta na que o Kaiak Vigo levou a vitoria por diante de Náutico Cobres e Club Cabanas KDM.
 
A primeira posición en K1 Sprinter senior masculino foi para Miguel Pérez (Piragüismo Cambados), en segunda posición chegou a meta Valentín Sabarís (Piragüismo Verducido), sendo terceiro Óscar Igrexas (Ría de Aldán). Pola súa banda, Carmela Menduíña (Ría de Aldán) logrou a medalla de ouro en muller K1 Sprinter senior, seríaa para Alejandra Manso (E. P. Cidade de Pontevedra) e o bronce para Antía Naveiro (Breogán do Grove).
 
A próxima competición da liga celebrarase o día 1 de maio en Cambados.