Un total de doce “artefactos flotantes” participaron no divertido “Flota Como Poidas” ás 18:30 horas do domingo dende a ponte de Ramallosa, no Río Miñor.

O Concello de Nigrán, que asumiu por segundo ano a organización, premiou o artefacto flotante máis traballado e ao máis cutre, á tripulación máis simpática, á familia máis intrépida e participativa, ao tripulante máis vello e máis novo e ao “Titanic” da edición.

O evento constou dunha baixada de artefactos flotantes polo río Miñor con saída e chegada ao mesmo punto, nun percorrido circular. Un ano máis on houbo ningunha limitación para a imaxinación na construción dos mesmos.