Doce Concellos da área territorial de Vigo benefícianse das axudas para a promoción da igualdade por importe de 464.000 Euros

Para a posta en marcha de programas de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero son 8 os concellos que contan con axudas e 10 recibirán apoio para o funcionamento dos seus CIM
Publicado por o día 10/07/2020 na sección de Galicia,Vigo,Xunta de Galicia

Doce Concellos da área territorial de Vigo benefícianse das axudas para a promoción da igualdade por importe de 464.000 Euros

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da orde de axudas destinadas ás entidades locais galegas para a promoción da igualdade que benefician a doce concellos da área territorial de Vigo por importe de 464.000 euros. Tres dos programas destas subvencións están cofinanciados polo Fondo Social Europeo e inclúen o apoio a catro programas dirixidos ao fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar; á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero; e ao funcionamento dos Centros de Información ás Mulleres (CIM).

As axudas para a posta en marcha de promoción da igualdade e prevención de violencia de xénero chegan 8 entidades locais (Baiona, Cangas, Moaña, O Porriño, Redondela, Salceda, Soutomaior e Vigo) co obxectivo de que leven a cabo accións orientadas a mellorar a situación das mulleres vítimas de violencia de xénero, das súas fillas e fillos e das persoas delas dependentes, así como actuacións para loitar contra a explotación sexual.

Tamén os 10 Centros de Información á Muller (CIM) da área recibirán apoio para atender a mulleres en situación de especial vulnerabilidade levada a cabo polas persoas profesionais destes centros. De feito, estas axudas financian a contratación para cubrir postos de traballo nos CIM de dirección, asesoramento xurídico, atención psicolóxica, axentes de igualdade ou de fomento do traballo en rede e de dinamización do territorio con enfoque de xénero.

Pazos de Borbén recibe apoio para o desenvolvemento da cuarta liña destinada a accións de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Redondela, pola súa banda, conta con axuda para o programa destinado ao fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar.

Comentar noticia

Your email address will not be published.