Doce horas de música electrónica no Flop Festival

Será o día 13 de xullo, de 12.00 a 00.00 horas no parque do Gafos coa participación de dez artistas.
Publicado por o día 26/06/2019 na sección de Galicia,Pontevedra

Doce horas de música electrónica no Flop Festival

Ademais do Flop Cinema xa rematados a primeiros de xuño, e dos Faladoiros diversos que mañá chegan ao seu fin coa proposta “Polílticas LGTBIQ+, a igualdade é posible”, a cargo dos representantes dos diversos grupos parlamentarios galegos a partir das 20.30 horas na Casa da Luz, o Concello completa a programación de celebración do Día do Orgullo co agardado festival de música electrónica, Flop Festival.

Será o vindeiro 13 de xullo no parque do Gafos (escenario dos últimos anos), onde se poderá escoitar doce horas de música continuada dende as 12.00 até as 00.00 horas. Nesta ocasión a programación pretende ser variada e diversa, xuntando o talento local con artistas de distintas procedencias e estilos musicais, ademais dun convidado internacional: Bell Towers.

Tamén tocarán no Flop: Sano, Blue Lights in the basement, Samantha Hudson, More Amore, BabyKatze, Lua Zalamera, Nico, Certain People, Viktor Flores.

Comentar noticia

Your email address will not be published.