Doce pasaxeiros dun voo que aterrou no aeroporto de Vigo o sábado procedente de Madrid, en illamento tras un positivo

Publicado por o día 14/07/2020 na sección de Coronavirus,Galicia,Sucesos,Vigo

Doce pasaxeiros dun voo que aterrou no aeroporto de Vigo o sábado procedente de Madrid, en illamento tras un positivo

Doce pasaxeiros que viaxaban nun avión que aterrou no aeroporto de Vigo o sábado procedente de Madrid están en illamento domiciliario despois de que un home que ía no voo dese positivo. Fontes do Sergas confirmaron a información que avanzou ‘Galiciapress’, quen cita a versión dun dos viaxeiros illados.

Segundo o mesmo, o voo de Iberia Express viña cheo, aínda que só se ordenou o illamento dunha ducia de pasaxeiros, suponse que os que sentaron máis preto do contaxiado. O home que deu positivo, segundo as fontes sanitarias  non está hospitalizado, e estaría a centralizar o seguimento do caso a área da Coruña.

En canto a que non se realizaron PCR ás persoas illadas, o Sergas explicou que se aplica estritamente o protocolo sanitario previsto para estes casos. Así, a directriz é facer un control telefónico dos contactos estreitos e valorar, en función da clínica e se presentan síntomas ou non, a realización da proba.

Comentar noticia

Your email address will not be published.