Doce persoas participan en Tui no itinerario formativo de “Elaboración de conservas artesanais e naturais”

Forma parte do programa “Coas mans na masa” que promove a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural
Publicado por o día 08/05/2019 na sección de Galicia,Tui

Doce persoas participan en Tui no itinerario formativo de “Elaboración de conservas artesanais e naturais”

Doce persoas están a participar esta semana en Tui no itinerario formativo dedicado á elaboración de conservas artesanais e naturais. Este curso forma parte do  programa “Coas mans na masa” que promove a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural e neste caso conta coa colaboración do Concello de Tui.

O curso comezou onte luns, 6 de maio, no Centro de Formación Municipal, do Concello de Tui en Guillarei, continua hoxe e rematará hoxe mércores.