Domingo 31 no Auditorio de Ribadumia, entrega dos premios do concurso artístico e fotográfico

Publicado por o día 30/03/2019 na sección de Galicia,Ribadumia

Domingo 31 no Auditorio de Ribadumia, entrega dos premios do concurso artístico e fotográfico

O Concello de Ribadumia informa que este domingo día 31 de marzo, as 20 horas no Auditorio de Ribadumia, farase entrega dos premios os gañadores dos Concursos artístico-infantil e fotográfico da camelia.

Máis de 100 traballos artísticos e de 10 fotografías foron valoradas polo xurado que se reuniu o pasado martes 26 de marzo para deliberar, nunha difícil tarefa, e seleccionar os gañadores. O xurado estaba composto por un representante de Pazo Quinteiro da Cruz, un representante da Asoc. Ollares, e un representante do Concello.

Despois da entrega de premios terá lugar un espectáculo interactivo e sorprendente que combina o ilusionismo e o bo humor da man do Mago Javier Muro.

Esta actuación está incluída dentro da celebración da semana de exaltación da camelia no Concello de Ribadumia. Acto con entrada libre e para público familiar.

Os asistentes poderán visitar no auditorio a exposición de todos os traballos presentados a concurso así como as fotografías.

Aquí cabe citar tamén que hoxe, día 29 pola tarde, da comezo unha nova edición das Xornadas Internacionais da Camelia en Pazo Quinteiro da Cruz, as cales teñen programación durante toda esta fin de semana.