Comparsa de entroido en Coia

Publicado por o día 07/02/2015 na sección de Asamblea Aberta Coia,Vigo

Comparsa de entroido en Coia

– O domingo 8 de febreiro a parroquia do Cristo da Vitoria organiza unha comparsa de entroido para nenxs e maiores que percorrerá as rúas de Coia.

Desde a Asemblea Aberta de Coia sumámonos a esta convocatoria que sairá ás 11:30 da parroquia (r/Baiona 9, Vigo) e que chegará até a rotonda de Coia pola avenida de Castelao.

Nesa comparsa precisamos a moita xente que veña disfrazada de persoaxes do mar de Vigo: peixes, sereas, barquiños, piratas….

Como di a convocatoria “a idea é pasar un rato divertido á vez que denunciar a falla de interese do Concello de Vigo polas persoas máis empobrecidas”.

O alcalde lonxe de dar un paso atrás non para de tirar cartos na rotonda: obras, presenza policial… Para a veciñanza, tamén para unha parte da cidade, esta glorieta simboliza a desfeita e o mal goberno municipal que deixa de lado os dereitos máis básicos das persoas. Eles falan dunha cidade fermosa, nós dunha cidade famenta.

Xuntas remataremos dicindo que NON PODE SER OS CARTOS NA ROTONDA E A XENTE SEN COMER!

PRENSA ASAMBLEA ABIERTA COIA