Dornas a vela compiten en augas grovenses

Publicado por o día 06/10/2019 na sección de Galicia,O Grove

Dornas a vela compiten en augas grovenses

A asociación Dorna Meca xunto coas das vilas mariñeiras veciñas navegaron nas augas de Arousa durante a tarde do sábado. Para o sábado que ven queda pendente o “Desafío Arousa”, esta vez unha regata de dornas a remo onde os mellores acadan o trofeo Festa do Marisco.

Consumo de racións

As racións seguen a manterse nos números do ano anterior, incluso algo por riba. Na xornada de onte sábado expendéronse 1317 racións de arroz de marisco, 1162 de mexillóns ao natural, en salsa e tigres, 1091 de polbo, máis de 700 de ameixas á mariñeira e ao natural e cae 900 de navallas.

Concertos na Festa do Marisco

As actuacións do sábado contaron cun público entregado e coñecedor das artistas que subían ao escenario da festa: Christina Rosenvinge e Imelda May, que ademais se achegou antes do concerto a coñecer o funcionamento da Festa do Marisco en directo, baixo as carpas de degustación.

Para esta noite de domingo dáse un xiro e vólvese ás raíces coas actuacións de música tradicional de Xabier Díaz e as Adufeiras do Salitre e co grupo grovense @de Viño.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.