O Son dos Cantares organiza o seu X Concerto de Corais

Celebrarase o 16 de abril ás 17 horas no Multiusos
Publicado por o día 11/04/2017 na sección de Cultura,Eventos,Galicia,Mos,Vigo

O Son dos Cantares organiza o seu X Concerto de Corais

O Multiusos das Pozas acollerá, o vindeiro domingo, día 16 de abril ás 17.00horas da tarde, o X Concerto de Corais O Son dos Cantares.

Ademais da anfitriona coral mosense, O Son dos Cantares, actuarán no auditorio do edificio Multiusos a Coral Ecos do Ulla de Monterroso (Lugo), a Coral Rondalla Estrelecer de Fene (A Coruña), e a Coral Candea de Viana do Bolo (Ourense).

A entrada será libre e de balde para todos os públicos. O concerto será unha gran oportunidade para todos/as amantes do canto coral, que poderán gozar dunha agradable tarde amenizada musicalmente por grandes agrupacións corais galegas.

Cartaz