Dous accidentes en cadea sáldanse con tres persoas feridas en Vigo, na VG-20

Os tres feridos, afortunadamente,  non parecían revestir gravidade.

Todo sucedeu ao fío das dúas e media desta tarde. Segundo informaron os axentes de Tráfico ao 112 Galicia o segundo accidente produciuse por mor da retención causada pola colisión anterior,  na VG-20, á altura de Bembrive, no concello de Vigo.

En ambos os dous sinistros foron dous os coches implicados e as persoas que resultaron feridas eran os ocupantes dos vehículos implicados no accidente inicial.

Ata o lugar e nada máis recibir a alerta dun particular desprazáronse ademais do  Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os axentes de Tráfico, aínda que tamén foron informados polo 112 Galicia os axentes da Policía Local , os Bombeiros de Vigo e o persoal do servizo de mantemento da vía.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM