Dous accidentes en Cangas e Arzúa e un atropelo en Nigrán sáldanse con tres persoas feridas

Publicado por o día 13/01/2019 na sección de Sucesos

Dous accidentes en Cangas e Arzúa e un atropelo en Nigrán sáldanse con tres persoas feridas

Así, preto das 14:30 horas desta tarde, os servizos sanitarios tiveron que intervir nun sinistro rexistrado na Avenida de Vigo da localidade pontevedresa de Cangas, á altura da rotonda do porto.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, unha motocicleta colidiu contra un coche. Como consecuencia do impacto, o motorista quedou ferido, polo que tiveron que acudir os Bombeiros do Morrazo, a Policía Local e Protección Civil de Cangas. Ademáis, dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias para a atención e traslado da persoa.


Ferido leve

Dúas horas máis tarde, unha persoa resultou ferida ao envorcar o vehículo que conducía tras bater contra outro coche. O suceso ocorreu na AC-231, punto quilométrico 1, e foi preciso a intervención dos axentes da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Arzúa e dos servizos sanitarios de urxencia. Así mesmo, informouse do suceso ao persoal de Protección Civil da localidade e da Axencia Galega de Infraestruturas para recuperar as condicións de seguridade da vía. A persoa ferida foi trasladada ao Hospital HM Rosaleda de Santiago de Compostela.

Atropelo en Nigrán

Tamén este tarde, pasadas as 14:00 horas, unha persoa particular informaba ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia dun atropelo a unha persoa na Avenida do Val Miñor, no termo municipal de Nigrán. Ata o punto desprazáronse, tras ser alertados polo 112 Galicia, persoal do 061-Urxencias Sanitarias e axentes da Policía Local de Nigrán. Ademais, informouse aos membros GES de Val Miñor.

Comentar noticia

Your email address will not be published.