Dous alumnos galegos compiten desde hoxe nas olimpíadas mundiais da FP Worldskills 2019

Por o 23/08/2019 | Sección: Educación
Dous alumnos galegos compiten desde hoxe nas olimpíadas mundiais da FP Worldskills 2019
Compartir en:

Dous alumnos galegos compiten desde hoxe nas olimpíadas mundiais da Formación Profesional, as WorldSkills 2019, que se celebra entre o 22 e o 27 de agosto de 2019 en Kazán (Rusia). Trátase de Yamila Sidati Novo (CIFP Paseo das Pontes) e de Brais Mosquera Fuentes (CIFP Someso), que gañaron a medalla de ouro no campionato SpainSkills 2019, nas especialidades de Panadaría e Ebanistaría, respectivamente.

Yamila Sidati, que acude ao certame acompañada pola titora Avelina Amado Fernández, competirá na especialidade de Panadería, xunto con representantes doutros 18 países. Pola súa banda Brais Mosquera, acompañado polo titor Benigno Rafael García Amor, competirá na especialidade de Ebanistería, xunto con representantes doutros 29 países.

Ademais de formar parte da delegación española na competición, o alumnado galego conta co apoio da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional nestas WorlsSkills.

Nesta edición do certame participan máis de 1300 competidores de 63 países diferentes, en 56 skills ou especialidades. A competición pode seguirse desde o Portal de FP e desde propia páxina web das WorldSkills 2019.

Comentar noticia

Your email address will not be published.