Dous minutos para o esquecemento Palabras descoñecidasCopiar

Por o 06/02/2018 | Sección: 2ª división B G1,Coruxo F.C,Deportes,Fútbol
Dous minutos para o esquecemento Palabras descoñecidasCopiar

O Coruxo fíxose o Harakiri no Toralín, un partido que o equipo de Rafa Sáez tiña baixo control e estando por diante no marcador, pero en dous minutos do tempo engadido todo foise abaixo. De estar a gañar o Coruxo e xerando perigo sobre a área local, e coa SD Ponferradina desaparecida en combate, inerte, e nos dous últimos minutos co tempo cumprido atopou dous goles que lle deron a vitoria que o Coruxo xa tiña practicamente na marcadora.

Empezaba moi ben o Coruxo, con posesión de balón e chegando a tres cuartos. Así foron o primeiros dez minutos sen claras ocasións de gol, a SD Ponferradina adiantaba liñas para irse ao ataque con decisión. Empezaba a ter o conxunto branquiazul longos minutos de lixeira superioridade, o Coruxo se replegaba con orde e sen pasar apuros, nun partido onde se impoñían as defensas. Minuto vinte e cinco, ocasión para Antón con disparo cruzado que se foi fóra dos tres paus por moi pouco. Minutos co Coruxo que se ía prodigando en ataque, tamén o conxunto local poñía a proba a Alberto con disparo de Jon García.

En liñas xerais era un partido onde predominaba a igualdade e á Ponferradina custáballe pisar a área. Últimos minutos deste primeiro acto con lixeiro descontrol do conxunto branquiazul, e o Coruxo aceleraba as accións en ataque e lembraba aos seus primeiros minutos de dominio. O segundo tempo deu para todo, de ter a Ponferradina unha boa ocasión de gol por mediación de Isi, e aos poucos minutos marcar o Coruxo o 0-1 por mediación de Alex Arias.

Realizaba así o conxunto ponferradino dous cambios dunha vez, pero o Coruxo moito máis enteiro, táctica e fisicamente, así dominaba o equipo de Rafa Sáez nesta segunda entrega. O partido tíñao o Coruxo moi de fronte, e a defensa local mostrábase moi insegura. Incluso o conxunto vigués no minuto sesenta e tres estrelaba un balón ao traveseiro da portería defendida por Mandaluniz.

Tamén Iago Díaz probaba fortuna e a punto estivo de marcar. Longos minutos co dominio vigués, e a SD Ponferradina nun quero e non podo víallas para xerar perigo na área verdibranca. Minuto oitenta e seis, Higón fallaba unha ocasión de gol ante Mandaluniz.

Parecía todo visto para sentenza, e máis que nada pola SD Ponferradina que non ofrecía boas vibracións. Pero no tempo engadido chegaría o que tantas veces ten sucedido esta tempada, onde o Coruxo crese que xa terminou todo e ten lagoas na concentración. E así chegaría o gol do empate 1-1 anotado por Yuri, nese mesmo minuto chegaría o 2-1 anotado por Guille.

Se o Coruxo non llo cría, a SD Ponferradina tampouco llo podía crer. Todo é fútbol. O que está moi claro é que se desperdiciou unha gran ocasión para dar un paso de xigante na clasificación.

SD PONFERRADINA: Mandaluniz, Román, Álvaro, Jon García, Saúl, Menudo, Yelko (Jorge García 67), Isi (Guille 56), Cidoncha (Iago Díaz 56), Yuri, Ríos Reina.

CORUXO FC:
 Alberto, Mella, Mario, Pazó, Crespo, Yebra, Higón, Antón, Alex Arias (André Österholm 52), Silva (Juampa 87), Mateo (Pitu 83).

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.