Dous nenos de Chandebrito, finalistas no concurso internacional de debuxo organizado por Aqualia

Alejandro Villar Martínez e Adriana Romero Velasco recibiron esta mañá o premio de mans da tenente de alcalde de Nigrán, Raquel Giráldez, e a xefa de Servizo de Aqualia en Nigrán, Marián Lago.
Publicado por o día 22/09/2017 na sección de Educación,Galicia,Nigrán

Dous nenos de Chandebrito, finalistas no concurso internacional de debuxo organizado por Aqualia

A teniente de Alcalde de Nigrán, Raquel Giráldez, e a xefa de Servizo de Aqualia, Marián Lago, fixeron entrega esta mañá do premio internacional de debuxo infantil “El ciclo del agua, una aventura para valientes” aos alumnos do Colexio Estudio de Chandebrito Alejandro Villar Martínez e Adriana Romero Velasco, ámbolos dous finalistas. Ao acto asistiron tamén os edís de Educación e Participación Cidadá.

“O ciclo da auga, unha aventura para valentes” foi o lema elixido por Aqualia para o lanzamento da XIV edición do Concurso Internacional de Debuxo Infantil. No certamen, organizado con motivo do Día Mundial da Auga, participaron escolares de 3º e 4º de Primaria dos colexios de España, Portugal, Italia e República Checa en cuxas poboacións está presente Aqualia. O obxectivo é implicar aos nenos, dun xeito divertido, no coñecemento da xestión do ciclo integral do auga a través dunha gran aventura digna dos máis valentes.

O concurso realizouse nunha contorna dixital a través do microsite www.elciclodelaguaparavalientes.es, onde se mergullaron nun conto que potenciou a súa motivación e diversión, tendo que superar varias probas ao longo da aventura.