Dous operarios resultan feridos ao derribarse un andamio mentres traballaban nunha obra en Vigo

Publicado por o día 28/04/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Dous operarios resultan feridos ao derribarse un andamio mentres traballaban nunha obra en Vigo

Un accidente laboral mobilizou aos servizos de emerxencia este mediodía na Rúa Vázquez Varela, en Vigo. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos efectivos que acudiron ao lugar dos feitos, dous traballadores resultaron feridos a causa dun andamio que desprendeuse dende a oitava planta dun edificio en obras, provocándolles feridas de diversa consideración.

Foi necesaria a intervención dos bombeiros para rescatar os operarios que realizaban traballos enriba da estructura precipitada no momento do accidente.

Ás 14:00 horas, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para informar do ocorrido. De acordo co seu relato, os operarios dunha obra necesitaban asistencia sanitaria tras a caída dun andamio.

De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) puxeron os feitos en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vigo e dos axentes da Policía Nacional e Local. Ademais, informouse tamén aos membros de Protección Civil da localidade por se fose necesaria a súa colaboración.