Dous traballadores resultaron feridos noutros tantos accidentes rexistrados en Trasmiras e Cangas

Publicado por o día 22/02/2018 na sección de Cangas,Galicia,Sucesos

Dous traballadores resultaron feridos noutros tantos accidentes rexistrados en Trasmiras e Cangas

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta mañá a dous operarios que resultaron feridos noutros tantos accidentes que se rexistraron hoxe en Trasmiras e Cangas.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o primeiro dos sinistros produciuse ás 11 horas de hoxe no lugar do Hío, no concello pontevedrés de Cangas, onde un operario caeu dunha estada. O golpe produciulle diversas lesións, polo que foi atendido por un equipo do 061-Urxencias Sanitarias.

Apenas uns minutos despois, outro traballador caeu dun guindastre situado a catro metros de altura. Aínda que estaba consciente, os profesionais sanitarios optaron pola mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense. Pouco a pouco, o ferido foise recuperando e puido ser trasladado finalmente en ambulancia.