Dúas estudantes de Secundaria participarán mañá en Santiago de Compostela, nas II Xornadas Formativas Programa Cidades Amigas da Infancia en Galicia”.
Acompañadas pola alcaldesa, Sandra González, as alumnas Marta Tiago e Xulia Oliveira, do IES Alonso Ríos, e integrantes do Consello Local de Infancia e Adolescencia “Voces novas” de Tomiño, participarán nunha mesa redonda denominada “A voz da infancia nos gobernos locais”, na que tamén haberá representantes dos concellos de Castrelo de Miño, Ourense e Teo.
Estas xornadas teñen que ver coa solicitude presentada polo Concello de Tomiño, para que Tomiño sexa recoñecida coma Cidade Amiga da Infancia; converténdose, de conseguilo, na primeira vila de Pontevedra con este selo.
O Programa Cidades Amigas da Infancia (CAI) ten o obxectivo de impulsar un modelo de xestión municipal, centrado nos dereitos de infancia, que contribúa a mellorar as condicións de vida dos nenos, nenas e adolescentes, mediante a promoción e a implantación de políticas municipais que garantan o seu desenvolvemento integral, desde un enfoque de dereitos.
Noticias de última hora en Vigo