Dúas parroquias de Mos verán mellorada a súa seguridade viaria grazas a un investimento de máis de 300.000 euros da Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno aproba unha axuda de 318.738,32 euros, con cargo ao Plan Concellos, para actuacións nas parroquias de Guizán e Tameiga
Publicado por o día 01/08/2020 na sección de Deputación de Pontevedra,Galicia,Mos

Dúas parroquias de Mos verán mellorada a súa seguridade viaria grazas a un investimento de máis de 300.000 euros da Deputación de Pontevedra

O goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar un importante investimento, enmarcado na liña 1 do Plan Concellos, para que Mos poida financiar actuacións en dúas das súas parroquias. En concreto, unha achega de 318.738,32 euros coa que o concello poderá mellorar a seguridade viaria nas parroquias de Guizán e Tameiga, cuxos pavimentos se atopan en mal estado.

Con este investimento realizaranse dúas actuacións, a primeira delas será a urbanización da estrada que une Louriñó con Sobráns, na parroquia de Guizán, e a segunda consistirá na mellora da seguridade viaria do camiño do Pazo, na parroquia de Tameiga. Amais, levaranse a cabo obras adicionais coma a canalización das augas que discorren pola marxe esquerda da estrada de Louriñó a Sobráns, que nestes momentos está a deteriorar a capa de rodadura polas filtracións de auga.

Do mesmo xeito, tamén se realizarán dous lombos para minorar a velocidade coa que circulan os vehículos pola devandita estrada. Outra das melloras que se levarán a cabo nestas parroquias grazas ao Plan Concellos da Deputación é a colocación de sinais coa fin de facilitar as incorporacións dos vehículos nas interseccións.

Comentar noticia

Your email address will not be published.