Un incendio que se declarou a pasada noite nunha tenda de electrodomésticos situada no baixo dun edificio en Monterroso deixou a dúas persoas afectadas por inhalación de fume e provocou diversos danos no seu interior. Ademais, foron evacuadas outras dúas persoas que se atopaban no inmoble, que tivo que ser desaloxado ao encherse de fume a causa do incendio.
Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o lume afectou á parte traseira do baixo. Por outra banda, o fume deixou danos na parte dianteira do local comercial e nos electrodomésticos, ademais dos causados no edificio.
Os feitos ocorreron na rúa Nova, na parroquia de Esporiz, ao fío das 22:05 horas. Foi nese momento cando a chamada dunha persoa particular ao 112 Galicia permitiu activar un operativo no que participaron os Bombeiros de Chantada, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o GES de Monterroso, a Garda Civil e Protección Civil da localidade.
Segundo puido saber o 112 Galicia, as labores de extinción do lume e de ventilación das zonas afectadas levadas a cabo polos servizos de emerxencia remataron ao redor das 00:30 horas.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.