Dúas persoas excarceradas en Abegondo tras producirse un choque frontal entre dous turismos

Publicado por o día 27/08/2018 na sección de Sucesos

Dúas persoas excarceradas en Abegondo tras producirse un choque frontal entre dous turismos

Un choque frontal entre dous turismos deixa tres feridos, dous deles atrapados,  no termo municipal coruñés de Abegondo.

O accidente ocorreu pasados uns minutos das 23:30 horas desta noite. A esa hora, un particular alertaba ao 112 Galicia dun choque frontal, en Montouto, na AC-542 que une Betanzos e Mesón do Vento. No seu relato indicaba que había feridos e posiblemente atrapados.

Así, con estes datos, dende o 112 pasouse axiña aviso ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros de Ordes. Tamén, solicitouse a colaboración dos axentes de Tráfico e de Protección Civil da localidade.

Unha vez no punto, os Bombeiros confirmaron a excarceración de dúas persoas, condutor e acompañante dun dos turismos implicados. Para o condutor do outro vehículo, aínda que tamén resultou ferido non foi preciso o uso do material de excarceración.

Os tres feridos foron  trasladados polos servizos sanitarios de urxencia ao centro hospitalario de referencia.