Dúas persoas feridas ao caer ás vías do tren o turismo no que circulaban no Porriño

Publicado por o día 14/11/2019 na sección de Galicia,O Porriño,Sucesos

Dúas persoas feridas ao caer ás vías do tren o turismo no que circulaban no Porriño

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao Hospital Álvaro Cunqueiro despois de que o coche no que viaxaban caese ás vías do tren desde unha altura duns sete metros no Porriño. Segundo puido saber o 112 Galicia, as persoas feridas puideron saír polos seus propios medios do turismo accidentado, que rematou envorcado.

O sinistro produciuse no punto quilométrico 18 da A-55, sentido Tui, ao fío das 19:00 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do ocorrido.

Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso ao persoal de Adif, á Policía Local, a Protección Civil do Porriño, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros do Porriño.

Unha vez trasladadas as persoas feridas, o vehículo foi retirado das vías por un guindastre.

Comentar noticia

Your email address will not be published.