Dúas persoas, feridas ao caer da moto na que circulaban en Ordes

Publicado por o día 09/09/2018 na sección de Sucesos

Dúas persoas, feridas ao caer da moto na que circulaban en Ordes

Dúas persoas resultaron feridas esta tarde en Ordes ao caer da moto na que viaxaban. Sucedeu no lugar da Armada, ao fío das 17:15 horas.

O 061-Urxencias Sanitarias, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago ata o punto, alertaba do accidente ao 112 Galicia. Decontado, o persoal do 112 Galicia pasaba o aviso á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Ordes e a Protección Civil.

Unha vez no lugar do sinistro, os servizos sanitarios trasladaron a unha das persoas feridas nunha ambulancia e á outra persoa accidentada na aeronave.