Dúas persoas feridas ao precipitarse o vehículo no que viaxaban dende a muralla do parador de Baiona

Dúas persoas resultaron feridas esta tarde despois de que o turismo no que circulaban caese desde a muralla do parador de Baiona cara o paseo da praia. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, as dúas persoas que viaxaban no coche foron trasladadas ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Os feitos sucederon ao fío das 15:50 horas. Nese momento, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para dar conta do ocorrido.

Acto seguido, o persoal do CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local, do GES do Val Miñor e da Policía Local.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM