Dúas persoas feridas en Cabanas a causa dun choque entre un autobús e un turismo

Unha colisión entre un autobús e un turismo saldouse con dúas persoas feridas.
Publicado por o día 03/09/2018 na sección de Sucesos

Dúas persoas feridas en Cabanas a causa dun choque entre un autobús e un turismo

Unha colisión entre un autobús e un turismo saldouse con dúas persoas feridas.

O accidente ocorreu a noite pasada, ao fío das 23:00 horas. Foi a esa hora cando unha persoa particular informaba ao 112 Galicia dun accidente entre un autobús e un turismo, na N-651, ao pasar a Ponte de Pontedeume, no termo municipal coruñés de Cabanas.

Tamén, a mesma condutora do autobús informaba ao 112 do acontecido. Indicaba que conducía un autobús -de liña regular-  con nove pasaxeiros a bordo e que un coche chocara contra ela. Maila que, afortunadamente, ningunha  persoa resultou ferida de gravidade, os servizos sanitarios si atenderon no mesmo lugar aos pasaxeiros do bus, que presentaban diversas contusións, todas elas, de carácter leve.  Así e todo, un dos pasaxeiros e o único ocupante do turismo si precisaron ser trasladados, segundo informaron os profesionais sanitarios ao 112 Galicia. Tras ser atendidos e evacuados os pasaxeiros, outro autobús encargouse de que continuasen ata o seu destino.

Nada mais recibir a chamada do alertante, o 112 Galicia ademais de solicitar a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, puxo os feitos en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros do Eume, do GES de Mugardos e de Protección Civil da localidade. Así mesmo, foi requirida a intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada, que se encargou da limpeza da vía.

Trasladada con queimaduras 
Por outra banda, en Ferrol, unha muller foi trasladada ata o Hospital Marcide ao resultar ferida con queimaduras nunha man despois de producirse un incendio na súa vivenda.

Pasados uns minutos das 20:00 horas deste domingo, un particular alertaba ao 112 Galicia de ver  saír fume por unha fiestra e por debaixo da porta dunha vivenda, na Rúa Lepanto. Indicaba que a dona podía estar no seu interior. Decontado, alertouse aos Bombeiros da cidade,  ao 061-Urxencias Sanitarias e á Policía Local.

Nada mais chegar ao lugar, os Bombeiros comunicaron que o lume fora extinguido polos veciños, ardeu unicamente, a campá extractora.