Dúas persoas feridas en Vigo nun choque entre outros tantos vehículos

Publicado por o día 06/07/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Dúas persoas feridas en Vigo nun choque entre outros tantos vehículos

Dúas persoas resultaron feridas despois de producirse unha colisión entre outros tantos vehículos en Vigo. Concretamente, o accidente produciuse na Avenida de Ramón Nieto, á altura do número 360, ao fío das 18:25 horas.

Nese momento, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 contactaba co 112 Galicia para dar conta do sinistro.

Axiña, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso á Policía Local, aos Bombeiros de Vigo e a Protección Civil.

Comentar noticia

Your email address will not be published.