Dúas persoas feridas, unha delas excarcerada, despois de colidir o camión no que viaxaban contra un autobús escolar en Redondela

Publicado por o día 14/01/2021 na sección de Galicia,Redondela,Sucesos

Dúas persoas feridas, unha delas excarcerada, despois de colidir o camión no que viaxaban contra un autobús escolar en Redondela

Unha colisión entre un camión e un autobús que circulaban pola recta da praia de Cesantes, en Redondela, deixou esta tarde a dúas persoas feridas, unha delas excarcerada polos bombeiros.

O accidente sucedeu ás 14:15 horas. Un particular, a esa hora, chamou ao 112 Galicia para solicitar asistencia sanitaria para os dous ocupantes dun camión de ferralla que colidira contra un autobús. Indicaba que no bus viaxaban seis escolares.

A partir de aí, os xestores do 112 pasaron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos axentes da Policía Local e voluntarios de Protección Civil da localidade, así como aos Bombeiros do Baixo Miño, quen, finalizada a intervención, confirmaron que tiveron que facer uso do material de excarceración para liberar ao condutor ferido do camión.

Afortunadamente, ningún dos menores que viaxaba no autobús resultou ferido e foron recollidos polos seus pais. Pola contra, os servizos sanitarios evacuaron aos dous ocupantes do camión ao centro hospitalario de referencia.

Compre destacar que os Bombeiros de Redondela e de Vigo foron informados do suceso polo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia por se fose necesaria a súa intervención.

Comentar noticia

Your email address will not be published.