Dúas persoas feridas, unha delas excarcerada, despois de envorcar o coche no que circulaban en Sanxenxo

Publicado por o día 18/02/2020 na sección de Sucesos

Dúas persoas feridas, unha delas excarcerada, despois de envorcar o coche no que circulaban en Sanxenxo

Dúas persoas resultaron feridas a pasada noite en Sanxenxo ao envorcar o turismo no que viaxaban. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, unha das vítimas tivo que ser excarcerada polos efectivos do GES de Sanxenxo, ao quedar atrapada no interior do vehículo accidentado, para que fose atendida polos profesionais sanitarios.

O sinistro produciuse no lugar de Seixomil, na parroquia de Nantes, ao fio das 22:00 horas.

Nese momento, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 alertaba do accidente ao 112 Galicia e, decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Ribadumia, á Policía Local e ao GES de Sanxenxo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.