Dúas persoas feridas en Xinzo de Limia despois de colidir tres turismos

Publicado por o día 09/01/2018 na sección de Sucesos

Dúas persoas feridas en Xinzo de Limia despois de colidir tres turismos

Dúas persoas resultaron feridas esta mañá despois de colidir tres turismos que circulaban á altura da Rotonda de acceso á A-52, en Xinzo de Limia.

Tras recibir a alerta dun particular, ao fío das 09:00 horas,  o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informou do suceso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local e a Protección Civil da localidade.  Tamén,  os Bombeiros de Xinzo se desprazaron ao punto, nada mais  ser alertados polo 112 Galicia.

Os dous feridos foron trasladados polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia.