Dúas persoas foron rescatadas despois de sufrir unha avaría a embarcación coa que navegaban preto de Muxía

Publicado por o día 18/07/2020 na sección de Sucesos

Dúas persoas foron rescatadas despois de sufrir unha avaría a embarcación coa que navegaban preto de Muxía

Unha embarcación de Protección Civil de Muxía remolcou a un veleiro con dúas persoas abordo ata o Porto de Muxía.

Todo comezou ás 11:45 horas desta mañá, cando un tripulante da embarcación chamada ao 112 Galicia para dar conta do sucedido. Indicaba que o veleiro sufrira unha avaría no motor cando se atopaban a unha milla entre a bocana e a Virxe da Barca, preto do porto da localidade.

Con estes datos, os xestores de emerxencias do 112 Galicia poñían os suceso en coñecemento do Servizo de Salvamento Marítimo e Gardacostas de Galicia. Ademais, alertaron aos axentes da Garda Civil e Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil da localidade, que se desprazaron ata o punto cunha embarcación.

Finalmente, o veleiro foi trasladado ata o porto de Muxía sen que ningún dos tripulantes precisara asistencia sanitaria.

Comentar noticia

Your email address will not be published.