Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta mañá a dúas persoas que presentaban síntomas de intoxicación por inhalación de fume a causa dun pequeno incendio orixinado na súa vivenda.
O suceso produciuse ás 11:00 horas de hoxe nun domicilio situado na Travesía de Vigo, na cidade olívica.
Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, todo se debeu a unha tixola que comezou a arder e afectou á campá extractora. De feito, cando chegaron os Bombeiros de Vigo para atallar o incendio, xa estaba extinguido. Simplemente, ventilaron a estancia para eliminar o fume.
Pola súa banda, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladaron a dúas persoas ao Hospital Álvaro Cunqueiro debido aos síntomas que presentaban pola inhalación do fume.
Noticias de última hora en Vigo