Dúas persoas perderon a vida e outra resultou ferida nun accidente rexistrado na A-6, ao paso por Abegondo

Publicado por o día 15/07/2020 na sección de Sucesos

Dúas persoas perderon a vida e outra resultou ferida nun accidente rexistrado na A-6, ao paso por Abegondo

A localidade coruñesa de Abegondo rexistrou esta mañá un grave accidente no que faleceron dúas persoas e unha terceira resultou ferida de consideración.

Sucedeu pouco antes das dez desta mañá na A-6, á altura das instalacións deportivas de Mabegondo. Concretamente nese punto, o vehículo no que viaxaban as vítimas saíuse da vía e bateu contra a mediana, tal e como indicaron as persoas que chamaron ao 112 Galicia para pedir axuda.

Para a atención das vítimas foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Betanzos e dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aínda que nada puideron facer por salvar a vida de dous dos ocupantes do vehículo, unha muller e un mozo, mentres que a outra persoa que ía no coche, unha moza, estaba ferida pero accesible. Con fin de axilizar o traslado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), o equipo médico dispuxo o helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Este operativo completárono os axentes da Garda Civil de Tráfico e os membros de Protección Civil de Abegondo.

Aparece en boas condicións físicas unha muller que desapareceu do seu domicilio de Moeche na tarde de onte

Unha muller duns 80 anos foi localizada esta mañá tras unha noite na súa procura en Moeche.

Contras as dez desta mañá os axentes da Garda Civil comunicaron a través do 112 Galicia a aparición da muller, que faltou do seu domicilio na Rúa da Feira, en Moeche.

Foi durante a madrugada cando a familia chamou ao 112 para solicitar máis medios para dar co paradoiro da octoxenaria, a cal non vían desde as seis da tarde de onte.

Ademais de informar á Garda Civil, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediu a colaboración dos membros do GES de Mugardos. Sen embargo, a primeiras horas desta mañá, a muller foi localizada en boas condicións físicas. Con todo, foi sometida a un recoñecemento médico no Punto de Atención Continuada do Centro de Saúde da localidade.

Comentar noticia

Your email address will not be published.