Dúas persoas, rescatadas dun vehículo tras envorcar na AG-11, na Pobra do Caramiñal

Publicado por o día 18/08/2020 na sección de Sucesos

Dúas persoas, rescatadas dun vehículo tras envorcar na AG-11, na Pobra do Caramiñal

Dúas persoas quedaron atrapadas ao envorcar a furgoneta na que viaxaban pola AG-11, ao paso pola Pobra do Caramiñal.

Trátase dun suceso do que tivo coñecemento o 112 Galicia ao fío deste mediodía logo de recibir a chamada de alerta dunha persoa particular. Indicou que conseguiran abrir as portas do vehículo, pero necesitaban axuda para sacar as dúas persoas que estaban atrapadas no interior. Deste xeito, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Boiro e Ribeira co fin de liberar ás vítimas e facilitar a súa atención médica.

De feito, foi alertado un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia, que enviaban efectivos ao punto para o traslado dos dous feridos ao Hospital do Barbanza.

Tamén foron informados os voluntarios de Protección Civil da localidade e os axentes da Garda Civil de Tráfico.

Comentar noticia

Your email address will not be published.