Dúas persoas resultan feridas en Vigo tras bater co seu vehículo contra o muro dunha finca

Publicado por o día 26/06/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Dúas persoas resultan feridas en Vigo tras bater co seu vehículo contra o muro dunha finca

Os ocupantes dun turismo resultaron feridos despois de bater contra o muro dunha finca cando circulaba pola Rúa Casal de Abaixo, en Vigo.

Todo comezou preto das 16:00 horas desta tarde, cando varias persoas contactaban co 112 Galicia para pedir axuda para os ocupantes dun turismo que caera no interior dunha finca despois de colidir contra un muro.

Axiña, os xestores do 112 pediron a colaboración dos Bombeiros de Vigo e dos profesionais sanitarios, que mobilizaron unha ambulancia cun equipo médico para a atención dos feridos. Ademais, informouse do sinistro aos axentes da Policía Local e membros de Protección Civil.

Arde vehículo en Vigo

A mesma hora, en Vigo, un coche ardeu por completo nun incendio no que as forzas da orde intentan esclarecer as circunstancias. Foi, ás 02:00 horas, cando un particular deu conta ao 112 Galicia do suceso. Indicaba que un turismo ardía moi preto do muro dunha vivenda.

Ademais dos efectivos de salvamento e extinción da cidade, ao lugar acudiron informados polo 112 Galicia os axentes da Policía Local.

Comentar noticia

Your email address will not be published.