Dúas persoas resultaron atropeladas polos seus propios vehículos en Mos e Baltar

Dúas persoas necesitaron asistencia médica despois de seren alcanzados polos seus propios vehículos en senllos accidentes rexistrados en Mos e Baltar.

Posiblemente, o freo de man mal posto provocou o primeiro dos sinistros en Mos, seguido do de Baltar por escasos vinte minutos, no que un home foi atropelado polo seu coche cando este se desprazaba marcha atrás.

Por fortuna, ambas as dúas persoas estaban liberadas e accesibles, o que facilitou a rápida atención médica dos dous feridos.

O 112 Galicia tivo coñecemento, primeiro, do accidente de Mos, que tivo lugar no Camiño do Rial ás 20:25 horas, tal e como indicou a persoa que chamou ao servizo de emerxencias para pedir asistencia sanitaria para unha muller que acababa de ser atropelada polo seu propio coche. Deste xeito, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como da Garda Civil e dos membros do Servizo Local de Emerxencias. Tamén foron informados os axentes da Policía Local.

Apenas vinte minutos máis tarde, o 112 Galicia recibía o aviso dun accidente semellante na Rúa Sargento Seoane, no concello ourensán de Baltar, a onde se dirixía xa unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Pola súa banda, o persoal do CIAE 112 Galicia alertou aos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario