Dúas persoas resultaron feridas a causa da explosión dunha bombona de gas en Cedeira

Publicado por o día 25/07/2020 na sección de Sucesos

Dúas persoas resultaron feridas a causa da explosión dunha bombona de gas en Cedeira

Os servizos sanitarios de urxencia atenderon hoxe a dúas persoas que resultaron feridas a causa da explosión dunha bombona de gas en Cedeira.

Posiblemente, o mal estado do capuchón provocou a acumulación de gas previa á explosión nunha vivenda situada na Rúa Cerdido con Floreal.

A alerta sobre o suceso activouse no 112 Galicia pasados apenas uns minutos das dez desta mañá a través do aviso de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que atenderon a dúas persoas que presentaban diversas lesións.

En canto á estrutura da vivenda, resultou intacta, agás algúns cristais que romperon como consecuencia da deflagración. Tampouco houbo incendio despois da explosión, así que os servizos de emerxencias procederon a retirar a bombona danada e desde o 112 Galicia informouse aos técnicos da empresa subministradora.

Ademais dos servizos sanitarios de urxencia, que trasladaron a unha persoa ao Centro de Saúde da localidade, mentres que outra foi atendida no mesmo lugar do suceso, acudiron ao lugar os membros do GES de Ortigueira, axentes da Policía Local e da Garda Civil e voluntarios de Protección Civil.

Tamén foron avisados os Bombeiros de Ferrol, pero xa non foi necesaria a súa intervención.

Comentar noticia

Your email address will not be published.