Dúas persoas trasladadas despois dun incendio nun centro de discapacitados físicos en Ferrol

Por o 30/12/2018 | Sección: Sucesos
Dúas persoas trasladadas despois dun incendio nun centro de discapacitados físicos en Ferrol

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas, unha con importantes queimaduras no seu corpo e outra por inhalación de fume, ao declararse un incendio nunha habitación do centro de discapacitados físicos de San Pedro de Leixa, en Ferrol.

O incendio tivo lugar uns minutos despois das 17:30 horas e, segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o centro tivo que ser evacuado.

Foi o propio persoal da residencia quen alertou ao 112 Galicia e, decontado, desde o CIAE-112 pasouse o aviso aos Bombeiros de Ferrol, ao 061-Urxencias Sanitarias e á Policía Local.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, as persoas evacuadas puideron regresar ao interior do centro unha vez sufocado o incendio.

Comentar noticia

Your email address will not be published.