Dúas persoas trasladadas en Entrimo con síntomas de intoxicación a causa dun braseiro

Por o 10/04/2018 | Sección: Sucesos
Dúas persoas trasladadas en Entrimo con síntomas de intoxicación a causa dun braseiro
Compartir en:

Dúas persoas foron trasladadas onte con síntomas de intoxicación debido á mala combustión dun braseiro.

Os feitos ocorreron a escasos minutos das 21:00 horas deste luns, nun domicilio particular no lugar de Quintáns, na parroquia de Galez do concello ourensá de Entrimo.  A esa hora, os servizos sanitarios de urxencia informaban ao 112 Galicia dunha posible intoxicación de dúas persoas, por monóxido de carbono nun domicilio, probablemente, a causa da mala combustión dun braseiro.

Con estes datos, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasouse aviso aos membros do GES de Lobios e  informouse da situación aos axentes da Garda Civil e de Protección Civil da localidade.

Unha vez no punto, os efectivos do GES  tras comprobar que non existía fuga nin cheiro a gas, confirmaron que o braseiro foi a causa que provocou o malestar dos habitantes do inmoble. Con todo,  ventilaron a vivenda e remataron a súa intervención.

Os dous afectados foron trasladados nunha ambulancia do 061 ao centro de saúde da localidade.