“É fundamental que as galegas demos un exemplo democrático o 12X e impidamos que a extrema dereita entre no Goberno da Xunta da man de Feijóo”

“Galicia pide un cambio de 180 grados para a reconstrución e reforzo do público que pasa por un Goberno de coalición entre as forzas progresistas do país”
Publicado por o día 25/05/2020 na sección de En Común Unidas Podemos,Política

O voceiro de Galicia en Común-Anova Mareas e candidato á presidencia da Xunta, Antón Gómez Reino, manifestou hoxe que “é absolutamente fundamental que os galegos e as galegas demos un exemplo democrático o 12 de xullo para impedir que estas eleccións sexan a porta de entrada da extrema dereita no Goberno da Xunta da man de Alberto Núñez Feijóo”.

“Hai semanas que o vimos dicindo. O presidente galego está aliñado na estratexia de Casado, Ayuso e Abascal, que se ofreceu publicamente a ser a muleta de Feijóo en Galicia”, dixo Gómez Reino.

O voceiro referiuse ao fracaso da mobilización convocada o sábado pola extrema dereita no país “no que afortunadamente non prende o virus do odio que predican”, pero advertiu contra “os vasos comunicantes entre Vox e o PP”.

“Abascal ofreceuse a ser a muleta dun PP de Alberto Núñez Feijóo que agora trata de mesturarse coas siglas da Xunta, mais preocupados de abonar o terreo para a súa estratexia de campaña que en activar e lexislar, no marco das súas competencias, as medidas para paliar a crise da Covid que lles viñemos reclamando reiteradamente e con urxencia neses 70 días.

“É lacerante o oportunismo político de Feijóo, que sistematicamente só pensa en sacar tallada da epidemia. Toda a estratexia do PP pasa por antepoñer as súas siglas por riba das vidas das galegas, a estratexia sobre a saúde pública”, sinalou Gómez Reino. “A desescalada debe ser prudente”, insistiu, ante o empeño do presidente galego en acelerar os pasos “polo seu interese electoral”.

“En Galicia en Común-Anova Mareas estamos convencidos de que o país pide un cambio que depende da mobilización do voto progresista. Somos claros: o cambio pasa por un Goberno de coalición entre as forzas progresistas do país logo do 12 de xullo para dar un xiro de 180 grados que permita a reconstrución do sector público con políticas expansivas e de coidados”.