“É necesaria unha universidade privada en Galicia?” así é o titulo da nova xornada do Ateneo Atlántico que se celebrará en Vigo

Publicado por o día 10/02/2020 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

“É necesaria unha universidade privada en Galicia?” así é o titulo da nova xornada do Ateneo Atlántico que se celebrará en Vigo

En pleno debate sobre unha universidade privada para Galicia, o Ateneo Atlántico quere aportar un novo punto de vista. E, para facelo, nada mellor que invitar ao reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, para que aporte un punto de vista tan necesario como acreditado. Será o próximo martes dia 11, ás 19.30 horas, na biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios. O acto será presentado por Luis Otero.
Recentemente Abanca, a herdeira da Obra Social das Caixas de Aforro galegas, promoveu a Fundación Universidad Internacional de la Empresa co obxectivo de transformar o IESIDE (antiga Escola de Negocios da Caixa de Aforros) nunha Universidade privada. O tramite de autorización esixe a aprobación dunha lei específica de recoñecemento no Parlamento Galego.
Antes do debate parlamentario, a iniciativa xa foi obxecto de discusión nos órganos de participación das universidades públicas de Galicia sendo tratado polo Consello do Goberno e polo Consello Social da Universidade de Vigo, así como polo Consello Galego de Universidades.
Trataremos de aclarar co Reitor aqueles puntos que poden fundamentar o apoio ou rexeitamento da autorización dunha universidade privada:
  • Cal é o estado de saúde da universidade pública galega?
  • Como funcionan as entidades privadas con convenio coa universidade pública?
  • Hai carencias no mapa de titulacións ou na oferta de prazas?
  • Existe unha demanda social que xustifique a incorporación dunha nova universidade?
  • Como afectaría á selección do alumnado?
  • Que recursos públicos recibiría a iniciativa privada?
  • Sería beneficiosa unha competencia privada-pública? Podería darse unha competencia en pé de igualdade?
  • En canto ao profesorado, habería compatibilidade de dedicación?
  • Como se está levando a cabo o debate nos órganos das universidades públicas?
  • Pode falarse de liberdade de creación de centros universitarios?
Manuel Reigosa Roger
Excelentísimo Reitor Magnífico da Universidade de Vigo.
Profesor da UVigo desde a súa creación en 1990.
Licenciado en Bioloxía e en Filosofía pola Universidade de Compostela, onde obtivo tamén o título de doutor en Bioloxía. Catedrático de universidade de Fisioloxía Vexetal. Participou con asiduidade en órganos de goberno, destacando o seu traballo nas tres comisións de estatutos, incluíndo a constituínte.
Foi secretario do Colexio Universitario de Vigo, director da Oficina de I+D, adxunto ao vicerreitor de Investigación, elixido dúas veces como decano da Facultade de Ciencias de Vigo (hoxe escindida en tres facultades), director do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencia do Solo e vicerreitor de Investigación.
É autor de numerosos artigos de investigación, así como editor de cinco libros para editoriais como Kluwer o Springer, entre outras. Na actualidade e editor xefe de dúas revistas JCR (Thalassas y Allelopathy Journal) e participa como editor asociado noutras tres

Comentar noticia

Your email address will not be published.