Echenique: “Creo na política plebeia, cando damos a palabra á xente saen boísimas ideas”

Publicado por o día 10/12/2016 na sección de Podemos,Política,Vigo

Echenique: “Creo na política plebeia, cando damos a palabra á xente saen boísimas ideas”

A facultade de dereito de Compostela acolleu esta tarde o acto da ruta “Atarse los Cordones” que achegou ó secretario de organización de Podemos, Pablo Echenique, a Galicia para presentar a campaña preparatoria da segunda asemblea de Vistalegre, prevista para o primeiro trimestre do vindeiro ano 2017. Esta ruta pretende recoller propostas que informen o debate dese “Vistalegre II”, no que se refire a metodoloxías, propostas orgánicas e de funcionamento para o futuro da organización.

O acto, que deu comezo preto das 19.00 horas, tivo lugar nun ateigado salón de actos, que case colgou o cartel de completo. Entre os asistentes, procedentes dos catro puntos cardinais da xeografía galega, diversas secretarías xerais, entre elas as de cidades importantes como A Coruña, que ostenta Isabel Faraldo; tamén asistiron varios deputados autonómicos como Pancho Casal, Magdalena Barahona ou Marcos Cal, e a deputada en Cortes por En Marea, Ángela Rodríguez “Pam”.

Na súa quenda de intervención, parte central do acto, Pablo Echenique repasou o camiño feito ata hoxe e fixo unha radiografía da situación actual, na que sinalou que “Atarse los Cordones” “é o resultado dun traballo previo de mapeo da situación dos círculos activos no estado”, que amosou que “había menos círculos e máis pequenos que no inicio, pero manteñen, se non incrementan, a súa actividade e implicación”. Para Echenique, eses círculos precisaban un “novo pulo” e, con esa idea en mente, “puxemos en marcha Atarse los Cordones”. O secretario de organización estatal explicou que nesta nova etapa quérese acadar unha maior participación desas bases “sen as que non teríamos sentido”. Echenique rematou a súa quenda sinalando que cree na “política plebeya”, que “cando damos a palabra á xente, de aí sae maxia e boísimas ideas” e “por iso deseñamos esta metodoloxía que devolve a voz a quen nós entendemos é a parte máis importante da organización”.

Carmen Santos, secretaria xeral de Podemos Galicia, puxo en valor o traballo invisible de “toda esa xente que colabora e non sae á palestra nin recibe os aplausos, pero sen o que non sería posible ter feito o camiño ata aquí”.

“Feminizar a política é poñer os medios para que as compañeiras podan participar activamente e reducir as dificultades para conciliar a participación en política coa vida persoal”, engadiu antes de facer un xesto de recoñecemento aos círculos de feminismos e diversidade funcional galega.

O secretario de organización galego, Juan Merlo, sinalou nunha breve intervención que esta ruta é a resposta a todas aquelas cuestións que foron quedando relegadas polas presas da dinámica electoral e a construción apresurada dos órganos e da organización mesma, e defendeu a auto organización das persoas invitando á participación con iniciativas “en sintonía e coordinación coa estrutura orgánica”.

As intervencións dos asistentes versaron sobre a metodoloxía do proceso, así como a posta enriba da mesa dalgunhas das dúbidas máis comúns, como a participación dos círculos non activados neste proceso de achega de propostas. Un representante de “Indignados de Lugo” chamou a atención sobre o problema dos atascos de información, que fan que diversas propostas, consultas ou cuestións quedan sen ser atendidos. Para o secretario de organización, consciente do problema, trátase dun problema “común” e “prioritario de solventar”, e o atribuíu ó tamaño dos equipos das distintas secretarías. Echenique insistiu en que “esta é unha das problemáticas sobre as que desexo que cheguen a maior cantidade de propostas”, xa que “é fundamental que non se produzan ese tipo de atascos”. “É frustrante para nós, que non somos capaces de xestionar todo o que nos chega, e entendemos que tamén o é para as persoas que invirten tempo e esforzo nese traballo”.

Sobre o espazo de En Marea, Pablo Echenique sinalou que a súa creación foi un proceso “turbulento”, e apuntou que “é preciso que exista un Podemos forte e que non se dilúa”. “A nosa organización O acto rematou pouco antes das 21.00 horas.